Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui en Letras 2026

Data: 
6/05/2026
Lugar: 
Tui

 Dezasete actividades conforman a programación “Tui en letras” a celebrar nos meses de maio e xuño 

  • Mércores 6 de maio ás 17.30 h na Biblioteca Municipal
    • Obradoiro coa ilustradora Aida Alonso
  • Mércores 13 de maio de 10 a 13 h na praza de San Fernando
    • XVII Tui Le  (arredor dos 800 anos da consagración da catedral de Tui)
    • Actividade das bibliotecas escolares e da Biblioteca Municipal de Tui
    • Co espectáculo “Ollo Piollo” de Barafunda
  • Venres 15 de maio ás 21.00 h no Teatro Municipal
    • Estrea da obra de teatro amador “Tres porquiños” polo Grupo Xuntanza de Randufe
    • Entradas á venda en tui.gal ou unha hora antes do comezo do espectáculo
  • Domingo 17 de maio na praza da Inmaculada
    • Feira do Libro Galego
    • 10 postos da Libraría Nobel
    • Programa:
      • 12.00 h. Pregón
      • 12.30 h.: “Comisión de festas” con Brais das Hortas
      • 18.30 h.: “Xela e o dragón” (monicreques) con Barriga Verde
      • 20.00 h.: Actuación folclórica dun grupo de pandereteiras.
  • Mércores 20 de maio ás 17.30 h na Biblioteca Municipal
    • Contacontos “Tantarantiña” con Cris de Caldas (nenos de 4 a 6 anos)
  • Xoves 21 de maio ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Concerto “A tecedora de soños”, coa voz de Uxía Senlle e a arpa de Bleuen LeFriec, interpretación das cancións dedicadas a Begoña Caamaño
    • Organiza: Rede de dinamización lingüística Falaredes da Xunta de Galicia.
  • Venres 22 de maio ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Presentación do libro “Ultreia” de Francisco Narla
    • Organiza: Libraría Nobel, colabora Biblioteca Pública Municipal
  • Mércores 27 de maio ás 17.30 h na Biblioteca Municipal
    • Contacontos para bebés “Levántate Xan!!!” con Caxoto
  • Do xoves 28 ao domingo 31 de maio
    • Xornadas “O siñor Afranio”
      • Xoves 28: Conferencia de Natalia Jorge: "De Antón Alonso Ríos ao señor Afranio".
      • Venres 29: Proxección da película "Afranio".
      • Domingo 31:
        • 12.30 h.: Cata de viños das terras polas que fuxiu “O siñor Afranio”
        • 20.00 h.: Concerto: "Música para un fuxido" con Víctor Aparicio, Pablo Nóvoa e Pancho Álvarez.
      • Organiza: Concello de Tui e Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño – Louriña.
  • Venres 5 de xuño ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Presentación do libro “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”
    • Colabora: Biblioteca Municipal
  • Xuño
    • Encontro Clubs de Lectura da Biblioteca Municipal: viaxe ao Pazo de Trasalba, tras lectura de obra de Ramón Otero Pedrayo.
  • 24 de xuño ás 20.00 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • CXXXV aniversario dos Xogos Florais de Galicia nos 800 anos da catedral
    • Recital de música e poesía con Cristal Méndez e o seu espectáculo “Medula”