Tui en Letras

Data:
8/06/2024
Lugar:
Tui
Doce actividades conforman a programación do “Mes das Letras” promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Cultura. Até o 8 de xuño desenvolverase unha ampla oferta de actividades arredor do libro, da lectura e as Letras Galegas.
Martes 23 abril: Día do Libro
- Inauguración: “Casa dos libros orfos” no Kiosko da Praza da Inmaculada
Venres 26 de abril
- Presentación do libro de Felín Romero: “Querida Arcea”
- Ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións
Martes 30 abril
- “Contacontos para bebés” con Pablo Díaz
- Ás 18 h na Biblioteca Municipal
Luns 6 de maio – 8 de xuño
- Exposición: “Brontë, Shakespeare y otros frikis: clásicos que has leído sin saber que eran fantásticos” de Pórtico: Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción y Terror
- Anexo Sala Municipal de Exposicións
Martes 7 maio
- Contacontos “Leo leiño”
- Ás 18 h na Biblioteca Municipal
Martes 14 maio
- Conferencia “Luisa Villalta, devir comunidade” por Marga do Val
- Ás 19 h na Biblioteca Municipal
Martes 21 de maio
- Contacontos “Extra!” con Paco Nogueiras para nenos e nenas de 5-10 anos
- Ás 18.30 h na Biblioteca Municipal
Xoves 23 de maio – 1 xuño
- Exposición dos obradoiros de Asociación de Amas de Casa e Usuarios
- Sala Municipal de Exposicións
Sábado, 25 de maio
XXV Feira do libro galego
- Postos das Librarías Iris e Nobel
- Exposición de bibliografía tudense na Oficina de Turismo
- Encontro con autores locais
- Ás 12 h Pregón por Alfonso Ferreira
- Ás 12.30 h Magín Blanco con Caderno de cores e cancións
- Ás 18.30 h Picadiscos con MariFaltri
Sábado 8 de xuño:
- Roteiro literario pola ribeira do Miño.
- Ás 10.30 h Inicio na Ponte Internacional