Tui en letras

Data:
27/04/2023
Lugar:
Tui
O programa Tui en Letras promovido polo Concello de Tui recolle un total de 14 actividades nos meses de abril, maio e xuño para a a dinamización cultural e promoción da lingua galega e as letras.
Programa:
- Venres, 14 de abril, XIV edición de “Tui Le”. Nesta iniciativa promovida polas bibliotecas escolares de Tui e a Biblioteca Pública Municipal participaron 400 alumnos e alumnas.
- Xoves, 27 de abril, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez coa presentación do libro de Samuel Ferro “Tierra de leyenda – El legado de Breogán”.
- Mércores, 3 de maio, ás 18 h na Biblioteca Municipal será a quenda do espectáculo de contos “O eco das pedras” con Raquel Queizás.
- Mércores, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase dende ás 11 h no Paseo da Corredoira a XXIV Feira do Libro Galego, con 13 postos das librarías Iris e Nobel.
- Lectura do pregón a cargo da escritora tudense Beatriz de Saracho. Autores e autoras asinarán as súas obras.
- Ás 12:00 h Títeres Viravolta presentará o seu espectáculo “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”.
- Ás 18:30 h actuará o mago Samuel Ferro con “A maxia das letras”.
- Mércores, 24 de maio, ás 18 h na Biblioteca contacontos “O traxe novo do rei” con Tarabelos Teatro.
- Venres, 9 de xuño, ás 19.30 h ruta literaria por Tui. Partirá dende a Biblioteca Municipal.
- Martes, 20 de xuño, ás 18:00 h na Biblioteca Municipal de Tui encontro literario con Ledicia Costas e os clubs de lectura tudenses arredor do seu libro “Infamia”.
Conmemoración do Aniversario dos Xogos Florais de Galicia
- Xoves, 22 de xuño ás 20 h no edificio Francisco Sánchez Xesús Alonso Montero ofrecerá a conferencia “Manuel Murguía e os Xogos Florais de Tui”.
- Sábado, 24 de xuño ás 20 h na praza de Frómista recital poético “Cántico dos topónimos esdrúxulos” de Pepe Caccámo e a música de Magdalena Gamallo.