Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui en Letras

Data: 
14/05/2021
Lugar: 
Tui

O Concello de Tui celebra o Día das Letras Galegas, dedicado este 2021 a Xela Arias, co programa "Tui en Letras" a desenvolver dende o venres 14 ao luns 17 de maio. 

A programación prevista é a seguinte: 

Venres 14

  • Tui Le (en liña)
    • Programa colaborativo entre as bibliotecas escolares de Tui, e as bibliotecas municipais de Tui e Valença. O programa emitirase en liña a través de tui.gal e das redes sociais municipais. 
    • O alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Randufe, Rebordáns, Pazos de Reis e Caldelas, do CRA Mestra Clara Torres, do Colexio Santa María Marista con poemas do libro de “Vento, ventiño, venteiro” de Antonio García Teijeiro
    • O alumnado do Seminario Menor San Paio e do IES San Paio recita poemas de “Darío a diario” de Xela Arias.

Sábado 15

  • Ás 12.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar a conferencia “Xela Arias no século XXI” a cargo da escritora Marga do Val.

Luns 17 - Día das Letras Galegas

No Paseo da Corredoira

  • De 11 a 13 h Programa Especial da Radio Municipal de Tui 
  • Ás 11.30 h XXII Feira do Libro Galego
    • Coa participación das librarías Espazo Lector Nobel e Iris. Desenvolverase - dadas as actuais condicións sanitarias - nas propias librarías. Abrirán en horario de mañá e tarde. Desconto dun 10% nos libros en galego.
  • Ás 12.30 h Pablo Sánchez con "Os contos de Pablísimo". Público familiar. *
  • Ás 18.30 h Paporrubio con "Varietés do Animalario". Espectáculo de monicreques con música en directo. Público familiar. *
  • Ás 20.45 h Concerto da cantautora MJ Pérez. Interpretará pezas do seu repertorio no que se inclúen adaptacións de obras poéticas en galego. *

* É preciso inscrición no lugar antes do comezo do espectáculo.