Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro Ghazafelhos con "As pitas baixo a choiva"

Data: 
17/02/2023
Lugar: 
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez

Ludivina e Terejía son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Alí esperan a visita de Ricardiño, o neno que vén ás veces xogar con elas. Pero temen que ese día chova, pois canto iso pasa, Ricardiño tolea e perségueas até pechalas no curral. 

Coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende tentarán que o neno deixe de tolear e siga xogando con elas. A compañía Ghazafelhos adapta nesta obra familiar o conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva. 

Data: Venres, 17 de febreiro

  • Hora: 19.30 h
  • Compañía: Teatro Ghazafelhos.
  • Dirección: Pepablo Patinho.
  • Coprodución: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. 
  • Son: Ana Díaz. 
  • Iluminación: Alberto Beade.
  • Elenco: Pablo Sánchez “Pablísimo”, Jorge Casas, Montse Piñón, Pepablo Patinho.
  • Xénero: Teatro Musical 
  • Duración: 60’
  • Público: +3

COMPRA DE ENTRADAS