Talía con “Unha inimiga do pobo”
Venres, 20 outubro, ás 21.30 h
Xénero drama
Publico adulto +14 anos
Duración 95min
Idioma galego
Prezos 10€ - 8€
Autor: Henrik Ibsen
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala
Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa a súa vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade. O texto é unha adaptación do clásico de Henrik Ibsen.