Sons na rúa

"Sons na Rúa" encherá de música o Paseo da Corredoira o venres 11 e o luns 14 de agosto.
O venres 11 de agosto ás 21 h no Paseo da Corredoira estará en concerto KM Zero, e ás 22 h Manuel Madarnás.
KmZero é un grupo tudense creado en Rebordáns e conformado por Karla Lima (voz) e Fran Gómez (guitarra). Ambos realizan versións de temas actuais pero tamén máis clásicos e recoñecidos, recurrindo ao pop.
O trompetista tudense Manuel Madarnás presentará o seu proxecto musical “La MMarca”, que está enfocado na música pop. Nesta ocasión estará acompañado polo guitarrista Sic Salem e do baterista Jorge Pimentel.
Mentres o luns 14 ás 21 h no Paseo da Corredoira actuará Acevedos Delgados e ás 22 h Pacheco Bros.
Pola súa banda, Acevedos Delgados é un grupo de Goián formado polos músicos Andrés Acevedo e Davinia Delgado, que realizan versións de cancións xa populares pero tamén interpretarán os seus propios temas con toques de pop, blues e rock.
Pacheco Bros dúo, formado polos irmáns vigueses Javi e Diego Pacheco, ofrecerá un espectáculo en acústico combinando guitarras e voces. Percorrerán a historia da música pop rock e o blues dos anos sesenta, con versións de temas máis recoñecidos e tamén actuais.