Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Setembro Xudeu

Data: 
3/09/2025
Lugar: 
Tui

Tui afondará na súa rica historia e patrimonio coa celebración do  “Setembro xudeu”, unha oferta de actividades que resaltan o papel histórico da cidade e o seu patrimonio vinculado coa presenza dunha comunidade xudía e criptoxudía ao longo de varios séculos. Este ano o tema é o “O Pobo do Libro” co que se salienta o esforzo colectivo das 21 cidades da Red de Juderias de España para preservar o legado sefardí e promover o coñecemento das contribucións históricas e culturais das comunidades xudías.

O programa de actividades é o seguinte:

  • Xoves 4 ás 19.30 h no edificio Francisco Sánchez
    • “La Edad de Oro de los judíos de Al-Andalús”
    • Exposición bibliográfica sobre cultura e patrimonio xudeu
  • Venres 5 ás 19.30 h na praza do Pracer
    • Concerto á luz das candeas de música sefardí: “Arvolicos lejanos” con 2naFronteira
  • Domingo 7 ás 11.30 h dende a Oficina Municipal de Turismo
    • Visita á ruta xudía de Tui
  • Xoves 11 ás 20 h no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Proxección da película “Sefarad”, de Luis Ismael
    • Coa colaboración do Cineclub Tui
  • Sábado 13 ás 11.30 h dende a Oficina Municipal de Turismo
    • Visita ao patrimonio xudeu tudense
  • Venres 19 ás 20.30 h no Parador de Turismo de Tui
    • Cea sefardí con música
    • Con reserva previa até o 15 de setembro no teléfono 986 600 300 ou no correo tui@parador.es
    • Durante todo o mes, menú sefardí no Parador de Turismo de Tui
  • Sábado 20 ás 17 h dende a Oficina Municipal de Turismo
    • Visita ao patrimonio xudeu na Eurocidade Tui-Valença, con Suso Vila
  • Domingo 21 ás 11.30 h dende a Oficina Municipal de Turismo
    • Scape room “A comunidade xudía de Tui”
  • Xoves 25 ás 20 h no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Proxección da película “Santo Oficio”, de Artur Ripstein
    • Coa colaboración do Cineclub Tui
  • Sábado 27 ás 18 h dende a portada da catedral de Tui
    • Visita “Presenza xudía na catedral: da prataría aos sambenitos”

Ademais, cada mércores deste mes de setembro, ás 12.30 h, con redifusión ás 20.30 h, realizaranse programas especiais na Radio Municipal de Tui.

As redes sociais tamén terán protagonismo neste “Setembro xudeu”, cun photocall instalado na Oficina Municipal de Turismo onde as persoas que o desexen poden facerse unha fotografía e gañar premios no perfil @redjuderias.