Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Semana Europea da Mobilidade

Data: 
18/09/2024
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença súmase á Semana Europea da Mobilidade promovida pola Comisión Europea que se celebra do luns 16 ao domingo 22 de setembro

Programa

  • Mércores 18 
    •  Ás 18 h ES na antiga alfándega de Valença o estudo “Mobilidade Urbana Sustentable Tranfronteiriza da Eurocidade Tui-Valença”. Este plan “Mobilidade Urbana Sustentable Tranfronteiriza da Eurocidade Tui-Valença” ten por obxectivo contribuír ao incremento da oferta de transportes públicos entre os dous núcleos urbanos da  Eurocidade. Esta acción forma parte do proxecto Rede_Gov_Minho, cofinanciado polo Interreg VI-A, 201-2027 España-Portugal.
  • Domingo 22
    • Ás 10 h ES sairá dende a praza da República, na Fortaleza de Valença unha andaina que, guiada polo club Anda Tui Rego da Pedra, levará aos participantes até o conxunto histórico de Tui. A participación é gratuíta. Para aquelas persoas que desexen participar na andaina dende Tui ás 9.30 h Es sairá un tren turístico dende a praza da Inmaculada até o punto de partida. E ao remate, ás 12.30  h ES outro tren realizará o traxecto dende a praza da Inmaculada até a fortaleza de Valença.
    • De 9 a 18 h ES a vella Ponte Internacional pecharase ao tráfico.
    • Percorridos dos trens turísticos ao longo da xornada, de forma gratuíta, entre Tui e Valença.  
      • O tren turístico de cor branco parará no interior da Fortaleza de Valença e na praza da Inmaculada de Tui
      • O tren turístico de cor vermello farao na Avenida Miguel Dantas de Valença, na praza de Abastos de Tui e no edificio Francisco Sánchez.