“Rubicundo” Ghazafelhos de Narón

Data: 
11/10/2018
Lugar: 
Teatro Municipal 
O xoves, 11 de outubro, ás 20.00 h Ghazafelhos presenta no Teatro Municipal de Tui a obra de teatro infantil "Rubicundo", dirixida a público familiar dende os 3 anos.
A curiosa e soñadora Erea é a única que repara en Rubicundo, que cada noite, co seu gabán e sombreiro de copa, sae en bicicleta rumbo á noite pechada. Unha historia máxica de amizade, constancia e poesía, chea de sorpresas.
*Adaptación do conto Rubicundo de María Canosa finalista no premio da XXIX edición do Merlín de literatura infantil 2014.
Autor e director: Pepablo Patiño | Música e escenografía: Teatro Ghazafelhos | Son e iluminación: Tedaga | Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patiño
- Prezos 4€ - 3€
 - Xénero: Teatro actoral
 - Clasificada: + 3 anos
 - Recomendada: Público familiar
 - Idioma: galego
 - Duración: 60 min.
 
 



