Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mercado de Nadal 2023

Data: 
1/12/2023
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O Paseo da Corredoira acollerá do 1 de decembro ao 5 de xaneiro o Mercado de Nadal.

As casetas de madeira nas que se ubicarán os postos estarán coidadosamente decoradas converténdose no mellor escaparate para produtos artesáns, gastronómicos, de agasallo, decoración, … 

Os expositores rotarán ofrecendo unha variedade en constante cambio de produtos nas tres quendas establecidas, do 1 ao 12 de decembro, do 13 ao 24 de decembro e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.

A diversidade de artigos dispoñibles é un dos puntos fortes deste mercado, que presenta unha ampla gama de agasallos do Nadal confeccionados en materiais como madeira, prata, latón, vidro, coiro, resina, tecidos de gancho e punto, entre outros. Ademais, a oferta gastronómica brindará churros, chocolate, crepes, galletas, pasteis, gofres, mel, hidromel, viño quente ... Non faltará a decoración do Nadal cunha variedade interminable de artigos propios da tempada festiva.

Amais da actividade expositiva e de venda, non faltarán os obradoiros e a animación musical cun programa que se dará a coñecer en breve.

A Árbore dos Desexos

No Mercado estará situada a “Árbore dos desexos”, adornados con bolas que conteñen os desexos que plasmaron nunha tarxeta os nenos e nenas das familias ás que axuda SOS Tomiño Baixo Miño. As persoas que desexen colaborar deben recoller unha das bolas de Nadal, facer realidade ese desexo e entregalo a SOS Tomiño Baixo Miño. Esta iniciativa solidaria está promovida por EMEmedia.gal, SOS Tomiño Baixo, Viveros Nilo e o Concello de Tui

Tres quendas

  • Do 1 ao 12 de decembro
    • Expositores: Arte Terra, Entre Telas, Apicultura Niño do Corvo, o CEIP nº1, Pancho 3.0 by Adri Vila, Feito de Pau Carpinteiría, Mestura de Kores, Isa e Loles Artesanía, D’Charo, Lace Copperwood, a Asociación Cultural Cristo da Agonía, Filloas Apedradeaugas, Galicuero Light and Wood, Club de Patinaxe Artística Ribex, Churrería Chocolatería Patry e a foodtruck Ruta 82. 

  • Do 13 ao 24 de decembro
    • Club Patinaxe Artístico Ribex: plantas de pascua, gofres, creps, doces de Nadal
    • MycogaliciaPlantae: libros, xogos de mesa, tazas, chapas, camisetas, bolsas…
    • Bordahilo + essentiahm:  Produtos bordados con motivos de Nada, produtos artesanais de agasallo realizados con cera, resina á auga…
    • Suso Cesteiro: cestos de mimbre
    • BC Artesanía do camiño: decoración de Nadal, xoiería artesá en madeira, prata, latón, acibeche, conchas e pedras preciosas.
    • ArtenJoya: pezas artesanais feitas a man, con filigrana e bordado ao aire.
    • Apicultura Niño do Corvo: Mel e produtos relacionados co mel
    • Mar González Dist.: produtos calabizo, croquetas gourmet, patatas chip gourmet
    • Federación de Anpas Aloia-Asanog: produtos de téxtil infantil
    • Amor(in): adornos de Nadal, regalos, bolsos
    • Diademas Cinnia: guirnaldas de Nadal, sacos térmicos, mandilóns
    • Galicuero: coiro, hamabeats e madeira
    • Bruji: produtos artesáns con usa da serigrafía artística e pintura a man
    • Protectora Aloia: produtos do refuxo, de segunda mano, libros
    • Foodtruck Ruta 82
    • Churrería chocolatería Patry
    • Ruta 82 (Foodtruck) 
    • Grupo Scout Alhoia
  • Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.

Horario:

  • Luns a xoves de 17 a 21 h
  • Venres de 17 a 23 h
  • Sábados, festivos e vésperas de festivos  de 12 a 14 h e de 17 a 23 h
  • Domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21 h.
  • Permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Concertos

  • Sábado 2 ás 21 h RMS
  • Sábado 16 ás 21 h Leira Rock
  • Sábado 23 ás 21 h BlackLabel Dúo
  • Sábado 30
    • ás 19 h Dani Pazos e Xía Sar
    • ás 21 h La Timba Mullallo

Obradoiros

  • Personalización de bolas de Nadal
  • Fabricación centro de mesa de Nadal
  • Coidados de mobles
  • Consellos para facer pequenos arranxos ou restauracións