Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Marcha Ciclista contra a violencia de xénero

Data: 
28/11/2021
Lugar: 
Tui

O domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira celebrarase a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021, organizada polo Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,

Colaboran nesta actividade o Club Ciclista Locos por las Bicis, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermella Portuguesa

  • Percorrido:7 quilómetros, de dificultade doada,  que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira.
  • Inscrición até ás 23.30 h do martes 23 de novembro neste formulario de Inscrición .  As persoas que se inscriban até as 23.59 h do domingo, 21 de novembro, recibirán unha camiseta conmemorativa.
  • Normativa: Na marcha ciclista é obrigatorio o uso de casco, e da da máscara até o momento da saída, na zona de avituallamento e tras chegar á meta. Os e as menores de idade deben ir acompañados/as dunha persoa adulta.

Inscrición