Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IKFEM Festival Tui - Valença

Data: 
16/07/2025
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A décimo terceira edición do IKFEM, Festival Tui – Valença, brindará do 16 ao 20 de xullo unha programación que une tradición e vangarda a través de concertos, encontros profesionais e actividades para todos os públicos, en lugares coma a Alameda de San Domingos en Tui ou a Fortaleza de Valença. A programación completa pode consultarse na web oficial do festival: www.ikfem.com, onde tamén se poden adquirir as entradas, ao igual que en ataquilla.com.

Programa de concertos:

Mércores 16 

  • Foro Caixason (Entrada libre con reserva)
  • No Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela              
    • 10:00 Benvida e presentación do foro
      • Andrea González: IKFEM Festival Tui, BPI-Fundação ”la Caixa” – Iniciativa CaixaSon, presidencia da Cámara de Valença  e Alcaldía de Tui
    • 10:15 CaixaSon: armonía social
      • Proxección documental
      • Macarena Montesinos e Su Garrido, profesoras de CaixaSon
      • Asociación Persoas con Discapacidade Vontade, España
      • Universidade Sénior do Rotary Club, Portugal
      • Diversidades Acolle, España
      • Associação Portuguesa de Pais e Amigos do Cidadão Deficiente Mental (APPACDM), Portugal
    • 11:15 MESA REDONDA Políticas de inclusión cultural en Europa, España e Portugal
      • Comisión Europea
      • Encarna Lago, gerente de la Red Museística de Lugo e membro do “Consello da Cultura Galega”
      • Rubén Pérez Correa, Secretario de Estado del Ministerio de Juventud e Infancia
      • Dra. Amélia Fançony, representante da DGARTES (Direção-Geral das Artes), do Goberno de Portugal
    • 12:00 MESA REDONDA Construíndo pontes: o poder social do terceiro sector
      • Julio Viana, vicepresidente de APPACDM
      • Associação dos Cegos e Amblíopes (ACAPO), Portugal 
      • Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI), España
      • Federação Portuguesa das Associações de Surdos, Portugal 
      • FADEMGA Plena Inclusión, España 
    • 12:45 pausa
    • 13:00 Música Inclusiva: o valor oculto da diversidade
      • Dr. Francisco Borro, España – Director – fundador da Agrupación Musical Inclusiva del Teatro Real
    • 13:30 SAMP Contigo, a arte do encontro
      • Joãna Pintos, representante da SAMP (Sociedade Artística Musical de Pousos)
    • – 14:00 Xantar networking* –
    • 16:00  Música e emocións: educación emocional e emocións estéticas
      • Rafael Bisquerra, Experto en Intelixencia Emocional. España
    • 17:00 + Cultura inclusiva e accesible
      • Raquel García – Fundación Music For All, España
      • Rubén Capelán – Mada Producións, Galicia
      • Joana Reais – Acceso Cultura, Portugal
    • 17:45 EUTERPE_ADN. Rede transfronteiriza para o estudo da música como terapia nas enfermidades neuropsicomotoras e o envellecemento
      • Laura Navarro, Coordinadora do proxecto EUTERPE_ADN
    • 18:15 Historias de inclusión
      • Antonio Orozco, cantante e compositor
    • 18:30 Clausura Foro CaixaSon
  • Gala CaixaSon, con Antonio Orozco e Rita Rocha
    • Ás 22.30 h (ES) nas Cortinas de S. Francisco, na Fortaleza de Valença.

Esta gala benéfica estará protagonizada pola agrupación musical CaixaSon, un proxecto pioneiro de inclusión musical entre España e Portugal, que acolle a diversidade humana como un valor para a sociedade e demostra como a linguaxe universal da música supera fronteiras.

Todos xuntos, interpretarán un repertorio especial que reflicte o seu crecemento persoal e, sobre todo, o lazo transfronteirizo que construíron como colectivo.

A gala contará coa colaboración de artistas como Antonio Orozco e Rita Rocha, ambos participarán actuando con varios temas xunto á agrupación CaixaSon. Esta gala conta con apoio da BPI-Fundação ”la Caixa”.

ENTRADA 10€

Xoves 17 

  • Concerto de Milhanas, coa colaboración de Fillas de Cassandra 
    • Ás 22.30 h (ES) nas Cortinas de S. Francisco, na Fortaleza de Valença.

Milhanas é unha cantante e compositora que combina fado, pop e electrónica cunha gran sensibilidade poética e contemporánea, sendo unha das voces máis prometedoras da música portuguesa actual.

Nesta ocasión, Milhanas contará coa colaboración especial de Fillas de Cassandra, dúo revelación que ten revolucionado o panorama musical galego coa súa proposta fresca e feminista. A súa participación neste concerto incluirá a interpretación conxunta de varios temas, creando un momento único de conexión entre Portugal e España, e entre dous universos musicais que fusionan o tradicional coa música actual.

Venres 18 

  • Concerto de James Rhodes.
  • Ás 22.30 h (ES) na Alameda de San Domingos, en Tui. 

James Rhodes, pianista e escritor británico afincado en España, transforma os concertos de música clásica en experiencias inclusivas e próximas, conectando ao público coa música e cos grandes compositores como Chopin, Brahms, Rachmaninov, entre outros.

A través da paixón e do enxeño, revolucionou o formato do concerto clásico e consolidouse como un dos principais divulgadores da música a nivel mundial. James Rhodes encaixa á perfección coa filosofía do festival, xa que empodera a música clásica como ferramenta de transformación, harmonía social e sanación.

Ademais, será a única cita en Galicia para gozar do seu recital. Duración do espectáculo: 75 minutos (sen intermedio)

Sábado 19 

  • Concurso Novas Ondas Sonoras 2025
  • Ás 12 h no Paseo da Corredoira. Entrada libre. 
  • Fase final cos 6  grupos seleccionados.

Novas Ondas Sonoras é un concurso musical que nace co obxectivo de fomentar, descubrir e dar visibilidade ao talento de novos intérpretes da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. A iniciativa forma parte da programación oficial do IKFEM Festival Tui – Valença 2025, e preséntase como unha actividade para o impulso das novas xeracións musicais, promovendo o intercambio cultural e a cooperación transfronteiriza a través da música.

Os obxectivos do concurso baséanse en fomentar o talento musical novo na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, reforzar os vínculos culturais entre ambos os países e crear un espazo de visibilidade de novos artistas.

Este concurso está organizado e executado por Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, entidade tamén responsable da organización do festival IKFEM, e conta co apoio da Xunta de Galicia.

O grupo ou solista gañador recibirá un trofeo conmemorativo e un premio de 1.000 €, computado como honorarios por un concerto na edición IKFEM Festival Tui – Valença 2026.

Domingo 20 

  • Concerto de Perico Sambeat e a Orquestra Jazz de Matosinhos
  • Ás 22.30 h no Teatro Municipal de Tui

O recoñecido saxofonista español Perico Sambeat, unha das figuras máis destacadas do jazz cunha extensa discografía, únese á Orquestra Jazz de Matosinhos para presentar o disco “Boreal”. Esta colaboración reúne dous referentes do jazz en España e Portugal nun concerto único.

O espectáculo reflicte con forza a elegancia compositiva de Sambeat, que asume un papel triplo como compositor, director musical e solista.