III Feira da Cabaza

A próxima fin de semana Tui volverá pór en valor os produtos da terra e as tradicións vinculadas ao outono coa celebración da terceira edición da Feira da Cabaza. O programa de actividades desenvolverase o sábado 28 e o domingo 29, así coma o martes 31.
Obradoiros de decoración de cabazas, demostración culinarias que terán neste produto a súa base, e mesmo un roteiro nocturno do Samaín forman parte do programa organizado polo Concello de Tui. E non faltará a exposición e venda de cabazas producidas en Tui. O edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada, acollerá as actividades previstas.
Sábado, 28 de outubro
- De 17:00 a19:00 h. Obradoiro familiar de preparación da cabaza de Samaín.
- Obradoiro dirixido ás familias para a elaboración da cabaza máis terrorífica.
- Entrada libre até completar aforo. As persoas participantes poderán ir disfrazadas.
- Ao rematar percorrido polo comercio local con “truco-trato”.
- 20:00 h. Demostración culinaria con menú degustación a cargo da cociñeira Gloria Domecq, xerente da empresa Gloria Domecq Catering, maridada con viños da zona e música. *Prazas limitadas.
- 23:00 h. Conxuro, queimada e música.
Domingo, 29 de outubro
- 11:00 h. Obradoiro de marmeladas artesanais con Amparo Grandío de “Conservas Petiscos”. *Prazas limitadas.
- 12:00 h. Demostración culinaria con menú degustación a cargo do cociñeiro Judicael Romero de Vioncas Bake, e elaboración de receitas con Calabizo.
- Degustación de xeado de cabaza por cortesía de Gu Gu Gelato Originale. *Prazas limitadas.
- De 17:00 a 19:00 h. Obradoiro infantil - recomendado a partir de 6 anos - de Mugcake de cabaza con chocolate e trufas e bombóns con cabaza con Águeda Ubeira de Chupipostres. *Prazas limitadas.
- 19:00 h. Demostración culinaria con menú degustación a cargo Águeda Ubeira de Vanetta Food, maridada con viños da zona e música. *Prazas limitadas.
*Nas actividades con prazas limitadas é preciso inscrición previa na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, no teléfono 677 41 84 05, ou no correo turismo@tui.gal indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.
Martes, 31 de outubro
- 21:00-01:00 h. Roteiro nocturno de Samaín polo Conxunto Histórico.
- Inscricións en www.barafundaanimacion.com/Roteiros/tui/. Saídas cada 5 minutos en grupos de 14 persoas. Prazas limitadas.