Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

III Encontro de Viños da Raia

Data: 
6/04/2024
Lugar: 
Edificio da Praza da Inmaculada

O  III Encontro de Viños da Raia celebrarase o sábado 6 e domingo 7 no interior do edificio da praza da Inmaculada. Esta é unha das citas gastronómicas do programa das Festas de San Telmo 2024.

O horario de apertura dos postos será de 12 a 16.00 h e de 20 a 23 h

Participarán as das adegas Corisca de Tui, Edmun do Val de Valença, Do Vimbio de Tomiño, Sergio Álvarez do Rosal, Xesteiro do Rosal, Do Ricón de Arbo, Pateira do Rosal, Jorge Marcote do Rosal, Marcio Lopez de Melgaço, e ,e María Bargiela de Salvaterra, que presentarán os seus viños brancos, tintos e espumosos.  O prezo será dende 2,5€ a copa.

A gastronomía estará presente da man de Almacén Urbano, Emma Tapa&Brunch e Vioncas Bake que ofertarán tapas de xamón, queixo, croquetas, empanada de pan de millo e unhas tapas/degustación de meixón, e coma sobremesa rosca de Pascua e tarta San Telmo.

As actividades paralelas realizáronse o sábado 30 e o domingo 31.

O sábado 30 ás 19 h como novidade celebrouse o  I Concurso de Cata que tivo unha primeira parte didáctica coa explicación de cinco viños e logo unha cata a cegas destes cinco viños. O domingo ás 12 houbo un showcooking a cargo de Inma López  do Restaurante Beldade que elaborará tres pratos de peixe de lonxa ou de río maridados con viños da raia. Por último o domingo ás 19 h tivo lugar unha cata comentada cunha selección dos viños das adegas participantes no Encontro.   

Ao longo da fin de semana non faltarán as actuacións musicais e a animación dentro da programación das Festas de San Telmo.