II Xornadas Técnicas de Igualdade e Comunicación

A Sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez acolle este sábado, 3 de decembro, dende ás 10 h as II Xornadas Técnicas de Igualdade e Comunicación. Con esta actividade forma parte do programa organizado dende o concello de Tui con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, e do programa Maruxa Mallo.
PROGRAMA II XORNADAS TÉCNICAS DE IGUALDADE E COMUNICACIÓN
Sábado, 3 de decembro, na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez
10:00 h. Benvida ás e ós participantes.
10:15 h. "Comunicación en igualdade dende as institucións. Boas prácticas".
- Ángela González Montes. Administradora Civil do Estado experta en comunicación.
- Presenta e modera: Beti Rey. Locutora na Radio Municipal de Tui
11:00 h. "As periodistas: presencia e retos".
- Aida Pena. Xornalista da Cadena SER Galicia.
- Presenta e modera: José Font. Director da Radio Municipal de Tui.
11:45 h. Café
12:15 h. "Axenda global das mulleres nos medios de comunicación".
- Montse Boix. Xornalista de RTVE.
- Presenta e modera: Laura Seara. Directora de Red Talento.
13:00 h. Conclusións e clausura.
- Ana Núñez. Concelleira de Igualdade de Tui.
- Carmela Silva. Presidenta da Deputación de Pontevedra
Prégase confirmación de asistencia a través de: igualdade@tui.gal ou no móbil: 666 909 303