Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

II Concurso de Pintura ao Aire Libre Pinta Tui

Data: 
8/10/2017
Lugar: 
Concello de Tui

O domingo 8 de outubro celebrarase o II Concurso de Pintura ao Aire Libre "Pinta Tui." Está organizado polo Concello de Tui, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI.

Poderán participar todos os artistas nacionais i estranxeiros que o desexen, existindo unha categoría para maiores de idade e outra para os menores de 18 anos. Poderán empregar na súa obra óleo, acrílico, acuarela, sanguina, carbonciño, tintas ou ceras sobre lenzo para pintar calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui e necesariamente as obras deberán ser realizadas o día do concurso nun soporte cun tamaño máximo de 120 centímetros e mínimo de 40 centímetros. Os soportes serán selados pola organización o domingo 8 de outubro de 10 a 11h na Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando.

A inscrición está aberta ata o sábado 7 de outubro debendo realizarse por correo electrónico en turismo@concellotui.org, no correo de ACITUI acitui@acitui.es ou na propia Oficina Municipal de Turismo de Tui.