Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Trofeo hip-hop Eurocidade

Data: 
20/06/2026
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença celebra o I Trofeo hip-hop Eurocidade. Participarán máis de 700 persoas na final do Campionato Galego desta disciplina, que se disputará este domingo 21 no pavillón Gustavo Rodríguez, en Tui.

A partir das 11 h comezarán as actuacións individuais e de parella, e ás 16 h será a quenda dos grupos, conformados por entre 5 e 10 bailaríns e bailarinas. Ao final da xornada competitiva daranse a coñecer as persoas gañadoras nas tres modalidades no Campionato Galego. As entradas da final teñen un prezo de 10 euros.

Previamente, o sábado o hip-hop tomará as rúas da Fortaleza de Valença. A praza da República será o espazo onde, ao longo da xornada, desenvolveranse diferentes espectáculos desta disciplina urbana, que combina ritmo, rap e baile.

Esta tamén será unha fin de semana de baile deportivo, xa que o sábado o Pavillón Gustavo Rodríguez acollerá, de 13.30 a 21 h, exhibicións doutras modalidades como bailes caribeños, danza coreográfica, vals, tango, estándar latino… Neste caso a entrada terá un prezo de 9 euros.