Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Foro do Camiño Portugués

Data: 
22/06/2021
Lugar: 
Aula Cemit e retransmisión en directo

O Concello de Tui organiza o Foro do Camiño Portugués que realiza con carácter mensual unha conferencia vinculada a esta ruta xacobea.

Pode seguirse presencialmente na Aula CeMIT, edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, (rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e ou en directo a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal.  Para asistir presencialmente o aforo é limitado polo que é preciso inscrición previa no correo biblioteca@tui.gal.

3ª Conferencia - Martes, 22 de xuño ás 19 h 

O martes, 22 de xuño, ás 19 h, intervirá no Foro do Camiño Portugués Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo de Porto e Norte de Portugal. 

2ª Conferencia - Martes, 25 de maio ás 19 h 

O martes, 25 de maio, ás  19 h  a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofreceu a conferencia "O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador”.

1ª Conferencia - Martes 27 de abril ás 19h 

O responsable da apertura deste foro, o martes 20 de abril, foi  Juan Manuel López-Chaves Meléndez, fundador da Asociación Amigos de los Pazos de Vigo. López Chaves foi, entre outras moitas iniciativas, o organizador en Tui en 1984 do primeiro Encontro do Camiño Portugués e foi o promotor do recoñecemento do Camiño polo Consello de Europa nese mesmo ano 1984, ao aprobar a `recomendación 987´sobre o Camiño Francés, antecedente da declaración do Camiño de Santiago como “primeiro itinerario cultural europeo”. Con esta conferencia de apertura do “Foro do Camiño Portugués” o Concello de Tui quere renderlle un merecido e sinxelo recoñecemento.