Festival Boas Vibes

O sábadp, 6 de setembro, de 11 a 00 h, vaise celebrar na Alameda de San Domingos o Festival Boas Vibes. Será un punto de encontro entre a mocidade, a creatividade e a cultura.
O Festival Boas Vibes promove a igualdade a través da cultura en vivo: música, break dance, beat box, arte urbana, mercado creativo e encontros inspiradores, ademais dunha zona gastro que promova un espazo de lecer alternativo para as xeracións máis novas.
Ás 11 h abrirán os postos do Mercado Creativo amosando o talento novo en produtos e pezas de arte, artesanía, ilustración, moda, música, cerámica, xoiería, decoración, deseño gráfico, fanzines, literatura e outras actividades creativas. Poderán participar mozos e mozas de 18 a 35 anos. Para iso deben inscribirse no formulario aberto na web municipal – tui.gal – até as 23:59 h do domingo 24 de agosto de 2025.
Xunto á apertura institucional, os encontros inspiradores abren, ás 12 h, na zona do Mirador un espazo de diálogo para coñecer de primeira man a experiencia profesional e persoal de xente moza referente no ámbito da cultura, da interpretación, do deporte, da moda, da creación de contidos dixitais, do eido dos videoxogos, da ciencia e da divulgación. Contarase coa participación de Guillermo Carracedo, médico, campión de Paddle Surf e tiktoker; Isabel Garrido, actriz, coñecida por series de Netflix como Élite, El Jardinero ou El Desorden que dejas, ademáis de múltiples filmes; Raúl Lomba, emprendedor, cofundador da marca de moda surfeira galega Waves; e FatiSuki, streamer e creadora de contidos, de humor, anime e videoxogos. Ás 13.30 h, na hora do aperitivo, haberá unha Sesión Dj con Sofi Peries que pechará as actividades matutinas, podendo desfrutar da zona gastro con food trucks, que estarán abertas ao longo de toda a xornada.
Pola tarde, ás 16.30 h, continuarán sesións dj, coa viguesa Sariinha e o porriñés Samu Pexe, mentres a artista plástica Alba Troiteiro realizará unha pintura de gran formato en directo. Ás 18.30h, estará en concerto o grupo emerxente Supernova. Ás 19.30 h, chegará Vella Escola cun intenso e impresionante espectáculo de Breakdance e Beat Box. A xornada pecharase con dous concertos de artistas xoves, xa referentes no ámbito galego: Hydn (ás 20.30h) e Eris MackenZie (ás 22.00h). O recinto do festival pecharase ás 00.00h.
Este programa, comisariado pola xestora Paula Cabaleiro, está promovido pola Concellería de Igualdade de Tui, co apoio das Subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a Promoción da Igualdade (Programa Plan Corresponsables no ámbito local. Dirección Xeral de Promoción da Igualdade).
Programa
- De 11 a 21 h Mercado Creativo:
- De 11 a 00 h Zona Gastro (foodtrucks con mesiñas e cadeiras)
- Ás 12.30 h Encontros con xente inspiradora
- Guillermo Carracedo (médico e campeón de PaddleSurf, tiktoker)
- Isabel Garrido (actriz)
- Fatisuki (creadora de contidos, sobre anime e videoxogos, streamer)
- Raúl Lomba (cofundador da marca de moda surfeira Waves).
- De 13.30 h a 15 h Sesión Dj con
- Dj Sofi Peries
- De 16.30 a 18.30 h Dj Session
- Samu Pexe Dj (O Porriño)
- Sariinha DJ (Vigo)
- De 16.30 a 19.30 h Pintura en directo con Alba Troiteiro
- De 18.30 a 19.00 h Concerto de Supernova
- De 19.30 a 20.00 h Espectáculo Breaking dance & Beat Box con Vella Escola.
- De 20.00 a 21.000 h Concerto de Hydn con danza e DJ.
- De 22.00 a 23.00 h Actuación de peche. Concerto de Eris MackenZie
Entrada libre
Máis información: igualdade@tui.gal / 664 55 24 93