Exposición do Certame Pinta Tui

Data:
19/01/2023
Lugar:
Anexo da Sala de Exposicións Municipal
Até o o 12 de febreiro pode visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez a exposición das obras gañadoras e participantes na sétima edición do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’.
O concurso celebrouse o pasado mes de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (ACITUI), coa colaboración do Concello e outras entidades da cidade. Nesta edición participaron 45 persoas de toda a provincia de Pontevedra, recollendo nas súas obras espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.
A exposición pode visitarse en horario de 9 a 14 h. e de 16 a 21 h, durante a semana, e os sábados de 9 a 13 h.