Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Día Mundial do Medio Ambiente

Data: 
4/06/2021
Lugar: 
Tui

O Concello de Tui celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que ten lugar o 5 de xuño,  co seguinte programa de actividades:

  • Do 4 ao 15 de xuño
    • Nos colexios do municipio realízase o obradoiro escolar “Xardín Infinito”  consistente en construír un sistema illado simulando un ecosistema en miniatura para observar o proceso da fotosíntese, respiración e ciclos da auga.
  • Venres 4 de 12 a 13.30 h
    • Programa especial na Radio Municipal de Tui
  • Venres, 11 de xuño
    • Ás 16.30 h na Sala Municipal de Exposicións será inaugurada a mostra “Adaptación: a outra cara do cambio climático” do Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM. 
    • Ás 17 h no anexo desta sala haberá unha obra de teatro de monicreques para público infantil. Títeres en Tu casa representará “Operación Plancton” na que un biólogo mariño e o seu axudante investigan coma afectan os plásticos no mar aos animais mariños.
    • Ás 19 h  “Enerxía e Clima”  na Sala Municipal de Exposicións dende ás 19 h.  Charla obradoiro “Impactos do modelo enerxético. Factura Eléctrica” e proxectción do documental “We the power” sobre o movemento comunitario enerxético liderado por cidadáns en Europa.
  • Sábado, 19 de xuño,“O monte en man común, xestión forestal e legado histórico” na Sala Municipal de Exposición.  
    • Ás 11 h proxección do documental “En todas as mans”
    • Ás 13 h charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal.