Día de Rosalía
Data:
20/02/2024
Lugar:
Tui
A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración arredor deste venres, 23 de febreiro, do “Día de Rosalía” en que se celebra o 187 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Estes son os actos previstos:
- Versos de Rosalía na Praza da Inmaculada e no Edificio Francisco Sánchez
- “Caldo de gloria” no Restaurante El Molino, Restaurante O Novo Cabalo Furado, O Trisco do Miño, Ideas Peregrinas, Santiamén - cocina divina e Cruceiro do Monte
- Proxección da curta “A rosa incandescente” presentada pola súa guionista Anxos G. Fonte para o alumnado tudense.
- Xoves 22 ás 12 h no Teatro Municipal
- Entrega poemas de agasallo na Biblioteca Municipal