CONTRAPRODUCCIÓNS con "Entrega na Man"

Data:
2/02/2024
Lugar:
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez
A compañía Contraproducións será a encarga de abrir a programación de 2024 no Teatro Municipal o venres, 2 de febreiro, ás 21 h con “Entrega na man”.
A obra escrita por Martin McDonagh está adaptada e dirixida por Cándido Pazó. Evaristo Calvo, Santi Romau, María Roja e Diogo Sales protagonizan esta comedia, cunha duración de 90 minutos.
As entradas teñen un prezo de 10€ e 7,5€.
Unha louca comedia con humor mordaz e corrosivo sobre unha insólita transacción entre un home que perdeu a súa man hai 27 anos, e unha parella que o quere enganar, ofrecéndolle unha man, que loxicamente non é a súa. Unha historia que zumega racismo, machismo e xenofobia.
- Publico +12 anos
- Duración 90min
- Idioma Galego
- Prezos 10€ - 7,5€