Concerto de Santa Icía do Conservatorio e a Escola de Música de Tui

O mércores, 22 de novembro, ás 20 h na sala de audicións do centro o Conservatorio e a Escola de Música de Tui celebrarán o seu concerto de Santa Icia. A entrada é de balde ata completar aforo.
Abrirá o concerto Vera Macías intepretando “Sapoconchiño” de Ernesto Campos, e de seguido Noa Araujo interpretará “Salut d’Amour” de Elgar, Sara Quesado “Ausencias” de Piazzolla, e Alicia del Valle o Nocturno op 9 nº2 de Chopin,
Logo será a quenda de Pablo Mirás ao piano, Leire Eguigure e Irene Pardo ao violín con “Trio Facile” de Weber.
Mentres Anna Valentina Ramalho ao piano, Mayra Vila ao clarinete, e Alejandra Cabaleiro ao Violonchelo ofrecerán “Serenade op 24 de Hartmann.
O concerto continuará con Sara Quesado co “Gran Dúo Concertante” de Weber.
Celia Fernández ao piano, Xabier Álvarez, María Bóo, Aldara Soto, Valeria Santamarina ao violín, e Thai Leonor Otero ao violonchelo ofrecerán “Skyfall” de Adele.
Mentres Mara Fernández, Carla Fernández, Martín Sobrino á frauta, Uxía González ao óboe e David de Passos ao saxofón interpretarán “Danzas eslovacas” de Dvorak.
Pechará o concerto o conxunto de gaitas con “Rumba do paratán” de José Manuel Caballero.