Concerto de Fin de Ano

Data:
30/12/2022
Lugar:
Teatro Municipal
O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 30 de decembro, ás 20.30 h o Concerto de Fin de Ano a cargo de catro agrupacións tudenses a Banda de Música Popular de Tui, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo de Tui, e baixo a dirección artística de Eloy Carrera.
Ao longo de 100 minutos as catro agrupacións ofrecerán un programa marcado polas composicións de Nadal pero no que haberá tamén oco para bandas sonoras. O programa a interpertar é o seguinte:
- Los chicos del coro
- Vangelis
- Hallelujah
- Compañeira
- Noche de Paz
- Adeste Fideles
- We are the world
- Blanca Navidad
- Feliz Navidad
- Radesky
As entradas estarán á venda dende o luns 26 ás 12h até o venres 30 ás 20 h aos prezos de 4€ e 3€.