Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Catro Cores con “A trompa non só é cousa de elefantes”

Data: 
18/10/2024
Lugar: 
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez

A compañía Catro Cores presentará o venres, 18 de outubro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui “A trompa non só é cousa de elefantes”.

Catro cores é o único cuarteto de trompas de Galicia. Presenta un espectáculo musical e teatral para a primeira infancia, onde aprender e descubrir pouco a pouco a forma e a sonoridade dun instrumento musical: a trompa. As partes deste instrumento están agochadas polo escenario e as catro instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el. Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula o sentido da vista e do ouvido , onde a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos inspirados en animais como un paxaro, un felino, o mundo oceánico e como non… un elefante!.

Ficha artística

  • Creación do espectáculo: Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola de Catro Cores e Laura Sarasola
  • Dirección escénica: Laura Sarasola de Caramuxo Teatro
  • Deseño de luces: Dani Pais
  • Deseño de vestiario: Laura Sarasola
  • Confección do vestiario: Soledad Gómez

Duración_ 35 minutos

Xénero_ música e teatro

Idioma_ galego

Recomendado_ de 1 a 6 anos

Prezos_4€ e 3€

 

Entradas