Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cabalgata Internacional de Reis 2026

Data: 
5/01/2026
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, volverán regalar a súa maxia o próximo luns 5 de xaneiro na Eurocidade Tui-Valença cunha nova edición da Cabalgata Internacional, unha celebración única en toda Europa.

  • Saída ás 17 h ES  das Cortinas de São Francisco, na Fortaleza de Valença.
    • Percorrido de 3,5 quilómetros pola Avenida dos Combatentes da Grande Guerra, a Rotunda da Trapicheira, e a Avenida de España, para cruzar a centenaria Ponte Internacional. Xa en terras tudenses, Melchor, Gaspar e Baltasar, avanzarán pola Avenida de Portugal, polas rúas Martínez Padín, Ourense, e Lugo para chegar até a praza de Galicia e continuando logo polas rúas Betanzos e Compostela, onde as carrozas quedarán estacionadas.
    • As Maxestades de Oriente desprazaranse até o Teatro Municipal onde ás 19.45 h comezará a recepción.
  • Comitiva integrada por máis de 200 persoas entre figurantes, músicos, persoal de organización e seguridade.
  • Gaspar e Baltasar chegarán á Eurocidade Tui-Valença en tres magníficas carrozas, acompañados por outras catro carrozas creadas con agarimo e dedicación polas asociacións Arume de Malvas, Aloia de Pazos de Reis, Lembranzas de Guillarei e Xuntanza de Randufe.
  • A música da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro, e as charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo porá a banda sonora a este máxico percorrido.
  •  Os Reis, os seus paxes e toda a comitiva, irán repartindo 1.500 quilos de caramelos sen glute.
  •  Antes deste percorrido internacional os Reis estarán xa pola mañá no Teatro Municipal recibindo aos nenos e nenas 10.30 a 14 h.