Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cabalgata Internacional de Reis

Data: 
5/01/2024
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença celebrará hoxe venres, 5 de xaneiro, aCabalgata Internacional de Reis. Un ano máis Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a Eurocidade cargados de ilusión nunha noite máxica.

Un ano máis os Reis Magos chegarán en tren até Valença, para subir logo ás súas carrozas reais coidadosamente decoradas e iluminadas, dende as que saudarán á poboación dunha e doutra beira do Miño. Hai un cambio ao final do percorrido xa que a cabalgata non rematará no Paseo da Corredoira senón na rúa Colón, onde no Teatro Municipal terá lugar a recepción aos nenos e nenas. 

Ás 16 h chegada á Estação de Comboios de Valença.

Ás 17 h inicio da Cabalgata

  • Avda. do Colégio Português
  • Avda. Miguel Dantas
  • Rotonda da Trapicheira
  • Avenida de Espanha
  • Vella Ponte Internacional
  • Avenida de Portugal
  • Rúa Martínez Padín
  • Rúa Augusto González Besada
  • Praza de Galicia
  • Rúa Lugo
  • Rúa Ourense
  • Rúa Colón

Chegada ao Teatro Municipal onde terá lugar a recepción aos nenos e nenas.

Os Reis Magos irán acompañados Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro e as charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo e as carrozas das asociacións culturais Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe

Colaboran neste evento a Garda Nacional Republicana, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, Protección Civil de Tui, Policía Local de Tui, o grupo Scouts Aloia, e a Radio Municipal de Tui.Colaboran neste evento a Garda Nacional Republicana, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, Protección Civil de Tui, Policía Local de Tui, o grupo Scouts Aloia, e a Radio Municipal de Tui