Nos últimos días instaláronse 16 novos sinais na cidade histórica
O Concello de Tui vén de rematar nos últimos días a ampliación da sinalización do Conxunto Histórico Artístico e en parte do trazado do Camiño Portugués de Santiago. Para acometer este proxecto contouse cunha achega da Axencia de Turismo de Galicia que concedeu 18.265,24€ dos 28.100,37€ que se investiron. Neste caso tratouse da instalación de 16 novos sinais en puntos de interese, que se suman aos 36 colocados na primeira fase desta sinalización iniciada en 2016.




