Os espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria protagonizan o concerto de apertura do MUMI 2022
O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subirán ao palco do Jardim Municipal de Valença hoxe ás 22:00 h ES - 21:00 h PT para ofrecer dous espectáculos que se centran nas músicas de raíz, unha aposta que desde a organización se entende como a necesidade de promover a música tradicional interpretada desde unha visión contemporánea, como forma de garantir o seu futuro; unha tradición máis viva ca nunca, que está logrando posicionar as músicas de raíz de ambos territorios na vangarda da experimentación e nos tops das listas de reproducións.








