A senda do río Caselas é xa unha realidade
Tui recupera a senda fluvial do río Caselas e restaura dous muíños ao seu paso grazas ao convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Coas obras xa rematadas, unificáronse dous espazos naturais privilexiados: a senda do Miño entre Tui e Caldelas, e a senda do Caselas que comunica con Salceda.
Hoxe luns Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, visitaron a senda. Participaron tamén na visita a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, o concelleiro de Espazos Naturais e Áreas de Lecer, Miguel Méndez, e técnicos da Confederación.




