Carreira Popular e Solidaria de San Telmo
O sábado, 6 de abril, a partir das 11 h, no Paseo da Corredoira, dentro da programación das Festas de San Telmo, vaise celebrar a Carreira Popular de San Telmo 2024. A proba está organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui. Como en anteriores anos a carreira terá carácter solidario a favor da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.