Concerto de Nadal a cargo da Orquestra Sinfónica da Eurocidade
Obras clásicas e composicións de Nadal serán as que interprete a Orquestra Sinfónica de Tui acompañada pola coral da Academia de Música da Fortaleza de Valença para celebrar o Nadal. Téndese unha nova ponte de colaboración entre os dous centros de ensino musical da Eurocidade.
Director: Luís Caballero Varona
Intérpretes: Alumnos, exalumnos, e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui e alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença
Repertorio: Obras de Vivaldi, Holst, Strauss, panxoliñas españolas e portuguesas.
Xénero: Concerto





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.