Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

E.g., 11/03/2026
E.g., 11/03/2026

PROCESO SELECTIVO PRAZA OFICIAL POLICIA POR PROMOCIÓN INTERNA

31/10/2025

Con data  31.10.2025, reuniuse o tribunal do proceso selectivo, para a apertura do sobre coa identidade dos aspirantes do 1º exercicio e para a realización do 2º exercicio da fase de oposición, dando como resultado o anuncio das puntuacións finais e a proposta de nomeamento para a praza de funcionario de carreira de oficial de policía local. 

LISTA DE RESERVA PRAZAS CONDUTOR ESTABILIZACIÓN

24/10/2025

Mediante Resolución da Alcaldía de data 04/11/2025 se aceptaron as renuncias dos aspirantes o ofrecemento da contratación temporal de substitución ata a cobertura por persoal laboral fixo.

Proceso selectivo 2 prazas administrativo funcionario carreira oferta 2022

23/10/2025

Finalizado o proceso selectivo o tribunal publica con data 02/03/2026 as puntuacións definitivas e a proposición de candidatos do proceso de selección de dúas prazas de administrativo da OEP 2022.

Con data 03/03/2026 un aspirante do proceso de selección interpuxo recurso administrativo de alzada contra a resolución das alegacións presentadas no segundo exercicio, puntuacións finais e aspirantes que aprobaron o proceso selectivo.

Mediante resolución de alcaldía de data 05/03/2026, publicada o 06/03/2026, acordouse a iniciación de apertura do trámite de audiencia ás persoas aspirantes no proceso selectivo por un prazo de dez (10) días hábiles a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na web do Concello de Tui, para que aleguen o que estimen procedente. O prazo máximo será ata o día 23/03/2026.

 

Lista de reserva nomeamentos interinos traballador/a social

8/08/2025

Mediante Resolución da Alcaldía de data 14/08/2025, nomeouse a aspirante que aceptou o ofrecemento de nomeamento interino ata a cobertura en propiedade. Asemade por Resolución da Alcaldía de data 14/08/2025 se aceptaron as renuncias das aspirantes as que se lles ofreceu o nomeamento e se alterou a orde da lista de reserva dado que era a 2ª vez que renunciaban.

Páginas