Visita á senda do río Caselas tras o remate das obras de recuperación deste espazo
12/12/2025
O próximo luns, 15 de decembro, ás 13.00 h o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Jose Antonio Quiroga, visitarán a senda do río Caselas, tras o remate das obras executadas ao abeiro do convenio establecido entre o Concello de Tui e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, CHMS, que supuxeron un investimento de 935 mil euros.
Participarán tamén na visita a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, e o concelleiro de Espazos Naturais e Áreas de Lecer, Miguel Méndez.





