A praza de San Fernando acolle a proxección de “El regreso de Mary Poppins”
A praza de San Fernando acolle mañá mércores, 24 de xullo, a proxección da segunda película do ciclo “Cinema de Verán” que forma parte da programación “Verán na rúa” que organiza o Concello de Tui. A cita será ás 22.15 h coa proxección de “El regreso de Mary Poppins”.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.