Música, raid e coches clásicos esta fin de semana en Tui
Esta fin de semana son varias as citas de lecer e deportivas que se celebran en Tui nas que colabora o Concello de Tui.
No eido musical, como celebración dos Días Europeos do Camiño de Santiago, temos unha dobre proposta. Mañá sábado, ás 18 h, na Catedral de Tui poderanse escoitar distintas composicións inspiradas no Camiño de Santiago, escritas por compositores e compositoras galegos e portugueses. Será no concerto “Música en Camiño” organizado pola CEER, a Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.