Dende mañá até o luns ás 14 h pódese realizar a inscrición no desfile concurso de Entroido en Tui
Dende mañá xoves, 30 de xaneiro, até o luns 3 de febreiro, ás 14 h pódese realizar a inscrición para participar no desfile concurso de Entroido en Tui.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Dende mañá xoves, 30 de xaneiro, até o luns 3 de febreiro, ás 14 h pódese realizar a inscrición para participar no desfile concurso de Entroido en Tui.
A película “O Que Arde” dirixida por Oliver Laxe e producida por Miramemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21.30 h.
O martes, 25 de febreiro, celebrarase en Tui o tradicional Desfile-Concurso de Entroido. No mesmo poderán participar grupos de entre 10 e 20 persoas e comparsas con máis de 25 persoas disfrazadas en conxunto. Desenvolverase dende ás 17 h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.
Mañá sábado, 18 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto inaugural da V Mostra da Camelia Cidade de Tui.
Mañá xoves, 16 de xaneiro, ás 13 h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago e a Orde do Camiño de Santiago. Ambas entidades elixiron Tui para asinar este convenio por ser a cidade a Porta de Entrada do Camiño Portugués a Galicia.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui vén de recibir a colección de divulgación científica “Que sabemos de...”, que edita o Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC. Está integrada por 105 volumes de variada temática que ofrecen unha aproximación aos temas claves da investigación científica actual con textos realizados por investigadores do propio CSIC.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui recoñecerá mañá sábado, 11 de xaneiro, coincidindo coa Día dos Usuarios das Bibliotecas Públicas, aos seus usuarios máis lectores de 2019 nas categorías de infantil, xuvenil e adultos.
O acto está previsto ás 12.30 h nas instalacións da biblioteca tudense e contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
A maxia e a ilusión encherán este domingo, 5 de xaneiro, a Eurocidade Tui-Valença, cunha nova edición da Cabalgata Internacional de Reis. Trátase dun evento único con carácter transfronterizo que dende hai dez anos percorre os dous municipios. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren á estación de Valença ás 16 hora galega.
Así o explicaron hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte, en rolda de prensa.
Mañá venres, 3 de xaneiro, ás 11 h na casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Cabalgata Internacional de Reis que terá lugar este domingo na Eurocidade Tui-Valença.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e dos responsables de Cultura dos dous municipios Sonsoles Vicente e José Monte.

A Biblioteca Pública Municipal de Tui completa a súa oferta de actividades de Nadal este xoves, 2 de xaneiro, ás 17 h, cunha sesión de contacontos dirixida a bebés e nenos e nenas con idades entre 0 e 3 anos. Correrá a cargo de Migallas Teatro co titulo de “Os contos do chupete”.