Música, historia, cinema e deporte na oferta estival do “Verán na rúa” en Tui
A oferta estival do Concello de Tui para os meses de xullo e agosto recolle musica, historia, cinema e deporte baixo o lema de “Verán na rúa”. Esta programación cultural en Tui pivota sobre tres grandes eventos que se van celebrar na cidade. Son o IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, a Festa do Miño, e o Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.