Tui celebra o 8 de marzo co lema “Ocupemos o noso lugar”
“Ocupemos o noso lugar” é o lema da programación organizada polo Concello de Tui para conmemorar o 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres. As actividades comezarán mañá sábado e prolongaranse até o 2 de abril. O acto institucional, representacións teatrais, exposicións, homenaxe ás mulleres pintoras, presentación de libros, un mercado de Mulleres Creativas, ou un taller de crochet, forman parte do programa previsto.