Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Concello de Tui presentou esta mañá o libro “Teatro de Tui”

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse na casa do concello de Tui o libro “O Teatro de Tui”  sobre o Teatro Principal de Tui, que foi editado polo Concello cunha tirada de 500 exemplares, e escrito por membros da extinta Fundación Teatro Principal. No acto estiveron presentes o  alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador, Suso Vila.

Mañá ás 11 h preséntase un libro sobre o Teatro Principal

Undefined

Mañá xoves, 4 de abril, ás 11 h na  sala de reunións da casa do concello presentarase un libro sobre o Teatro Principal editado polo Concello.

Comparecerán ante os medios de comunicación alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador tudense, Suso Vila, autor do libro.

Tui presentou esta mañá o proxecto de reforma da praza de Frómista no marco da ARI

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o proxecto de reforma da Praza de Frómista, dentro do Plan Estatal 2013-2016 da ARI, Área de Rehabilitación Integral. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Patrimonio e Cultura, Eduardo Freiría, e os arquitectos da empresa encargada do proxecto, Dobledé Arquitectos, Antonio de Ozámiz e Jose Manuel de Marcos.  

Incorpórase unha nova técnica de Administración Xeral ao departamento de Urbanismo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ás concelleiras de Urbanismo, Mª Jesús da Silva, e  Persoal, Mila González e ao concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, deron hoxe a benvida á nova Técnica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo, Miriam Piñeiro Rodríguez.

A nova técnica substitúe á técnica de Urbanismo que arestora está de baixa laboral. O horario de atención ao público será os mércores de 9 a 14h.

Tui presenta dous modelos de marquesiñas deseñados para o centro urbano e as parroquias

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, presentou esta mañá dous novos modelos de marquesiñas para instalar nas parroquias e no centro urbano coas que dar solución ás carencias detectadas deste tipo de mobiliario urbano. Os obxectivos son dotar de uniformidade a este elemento ao tempo personalizalas co nome de cada parroquia.  O estudo Nam Arquitectos foi o responsable do deseño destas dúas novas marquesiñas, que segundo o exposto polo alcalde será xa a próxima corporación quen teña que contratar a súa realización e colocación.

Play Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

Undefined

Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a  Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía