Tui celebra as festas de San Telmo cunha programación para todos os públicos do 20 ao 29 de abril
Tui celebrará do sábado 20 ao luns 29 de abril – festivo local na cidade – as Festas na honra a San Telmo cunha programación pensada para todos os públicos. A presentación dos festexos tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, a concelleira de Educación, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás.