Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Este domingo baterase récord de participación no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo en Tui

Undefined

Este domingo baterase récord de participación no Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster. A falla dunhas horas para pechar a inscrición supéranse xa os 180 inscritos cando o límite está establecidos nos 200 ciclistas.

O mércores preséntase o Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo

Undefined

Este mércores, 24 de xullo, ás 11 horas, na casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo, organizado polo Club Ciclista de la Fuente, coa colaboración do Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. Disputarase este domingo, 28 de xullo, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

IX Festa do Miño

O sábado, 10 de agosto, vaise celebrar IX Festa do Miño, un evento que aúna deporte, lecer, gastronomía e música en distintos emprazamentos dende a ribeira de Caldelas, o río Miño, a rúa Olímpicos Tudenses, e a rúa Compostela.

*Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego

Programa:

1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui - Valença acolle o  1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-Valença. Celebrarase o sábado 6 no pavillón municipal de Valença e o domingo 7 no pavillón municipal de Tui. 

As inscricións até o mércores 3 teñen un prezo de 15€ un día, 20€ dous días, e logo desa data o prezo será de 20€ un día , 30€ dous días.

Listado de admitidos/as nos Campamentos de Verán Tui 2019 e novo prazo de inscrición para as prazas dispoñibles

Undefined

O Concello de Tui publica o listado de admitidos/as no Campamento de Verán de Tui 2019, no que todos/as as/os inscritos/as están admitidos/as.

Así mesmo, o Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición, dado que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas quendas.

Dende hoxe martes 25, ata o remate do prazo de abono da taxa do campamento, o mércores 3 de xullo, poderanse realizar inscricións ata completar as prazas dispoñibles e por rigoroso orde de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Tui, en horario dende as 9 a 14 h.

Preto de 350 deportistas de España e Portugal van a participar este domingo no VI Campionato Ibérico de Kung Fu

Undefined

Preto de 350 deportistas, a partir dos 8 anos, van a participar no VI Campionato Ibérico de Kung Fu moderno e tradicional da Eurocidade, que terá lugar no novo Pavillón Municipal de Tui este domingo a partir das 10.30h. Os participantes proveñen de Valencia, Castela e León, Castela a Mancha, Andalucía, Madrid, Asturias e todo o territorio galego, ademáis de varios clubs de Portugal.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes