Record de participación na Regata Miño Internacional con máis de 350 remeiros e remeiras
A Regata Miño Internacional rexistrará record de participación este sábado na celebración da súa corenta edición. Congregará a máis de 350 remeiros e remeiras pertencentes a 16 clubs de España e Portugal. Esta proba está organizada polo Club Remo do Miño coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Remo.