Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

A selección uruguaia de remo concéntrase dende o luns no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo en Tui

Undefined

A partir do luns, 17 de agosto, o Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Piragüismo e Remo de Tui acollerá a concentración da Selección Nacional Uruguaia de remo, composta por seis deportistas e un adestrador. Permanecerán nestas instalacións ata o 12 de outubro, preparando a regata preolímpica clasificatoria para Tokio 2021. O río Miño, as instalacións de Tui e o alto nivel dos deportistas tudenses, fixeron que a Federación Uruguaia de Remo escollera esta opción, segundo explica o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez. 

O Concello de Tui prepara as instalacións deportivas municipais para o inicio da temporada

Undefined

O Concello de Tui ven realizando distintas labores de mantemento nas instalacións deportivas municipais pese a que o inicio da temporada dos deportes de equipo non está clara, debido a pandemia da Covid-19.

A semana pasada, unha empresa especializada, realizou o mantemento nos campos de céspede sintético de “O Foxo” de Caldelas, “Santa Columba” de Ribadelouro e no “Álvarez Durán” de Tui. Os labores consistiron na limpeza da superficie, aireación do revestimento, descompactación do caucho, pegado de xuntas e cepillado do céspede.

O concello de Tui lamenta o pasamento de Luís López Pimentel, presidente do Club Hípico Equigalia

Undefined

O Concello de Tui quere expresar as súas condolencias polo pasamento esta fin de semana de Luís López Pimentel, presidente do Club Hípico Equigalia. Dende o Concello quérese enviar unha mensaxe de apoio e cariño á súa familia, amigos e membros do club. 

Mañá celébrase en Tui a primeira proba do V Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica en Tui

Undefined

O Concello de Tui volve ser sede dunha das probas do Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica. Está organizado pola Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración do Concello de Tui, da Comandancia Naval do Miño e por Protección Civil de Tui. 

III Marcha Ultreia

O  domingo 19 de xullo realizarase a terceira marcha de senderismo popular Ultreia polo Camiño de Santiago dende Tui a Pontevedra. É accesible para todos os niveis físicos.
Unha xornada de convivencia para disfrutar do camiño de Santiago entre Tui e Pontevedra. Sairá ás 9 h dende praza de San Fernando en Tui. 

Hai catro modalidades de participación:

XVII Andaina Tudense Solidaria

O sábado 11 de xullo vaise celebrar a XVII Andaina Tudense Solidaria organizada polo club AndaTui coa colaboración do Concello de Tui. Realizará un percorrido de 23 quilómetros dende a praza de San Fernando, subindo ao cumio do Parque Natural do Monte Aloia e regreso ao Paseo da Corredoira.  Saída escalona por grupos dende ás 10 h.

A inscrición está aberta até o xoves 8 de xullo. 

O novo pavillón municipal de Tui acollerá a próxima semana as probas da ABAU para o alumnado do Baixo Miño

Undefined

A próxima semana, o martes 7, mércores 8 e xoves 9 de xullo, o novo pavillón deportivo municipal de Tui acollerá aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda, do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño,  do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, para a realización das probas da ABAU.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes