Campamento de Verán 2019
Do 15 de xullo ao 16 de agosto celebrarase o Campamento de Verán de Tui 2019 organizado polo Concello de Tui. Terá lugar de luns a venres de 9 a 14 h en dúas quendas:do 15 ao 31 de xullo, e do 1 ao 16 de agosto.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Do 15 de xullo ao 16 de agosto celebrarase o Campamento de Verán de Tui 2019 organizado polo Concello de Tui. Terá lugar de luns a venres de 9 a 14 h en dúas quendas:do 15 ao 31 de xullo, e do 1 ao 16 de agosto.
Mañá xoves, 20 de xuño, ás 11.00 horas españolas, terá lugar, no salón de plenos da casa do concello de Tui, a presentación do VI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento, organizado polo Club Deportivo Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, celebrarase este domingo, 23 de xuño, a partir das 10.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.
O domingo, 23 de xuño, dende ás 10.30 h celebrarse no novo pavillón de deportes de Tui o VI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento está organizado polo Club Deportivo Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.
O equipo alevín do Tyde F.C. vai participar por sexto ano consecutivo no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold, en Alemaña. A expedición tudense, formada por 53 persoas entre xogadores, directivos, adestradores e familiares, partirá o mércores ás 8 h dende a Estación de Autobuses de Tui.
Na mañá de hoxe presentouse no concello de Tui a Aloiada 2019 na que van a participar os 8 centro educativos de Tui, CEIP Nº1, Nº2, CEIP Pazos de Reis, CEIP de Rebordáns, CEIP de Guillarei, CEIP de Randufe, CEP de Caldelas e CPR Sta Mº Maristas.
Mañá martes, 11 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada 2019, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, Maristas, Randufe e Caldelas, en colaboración co Concello de Tui.
O equipo alevín do Club Tenis Tui proclamouse esta fin de semana subcampión galego de Primeira División. O equipo formado por Raúl Carreto, Gonzalo González, David Costas e Pablo Gregores impúxose na semifinal ao Mercantil de Vigo, e na final perdeu fronte ao Casino da Coruña.
Dende o Concello de Tui felicítase aos xogadores do Club Tenis Tui e ao club por este resultado.
O sábado, 1 de xuño, dende ás 16 h celébrase no novo pavillón deportivo municipal de Tui o I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade. Está organizado pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, o CSD, a Federación Española de Baile Deportivo e a Federación Española de Hip Hop.
Máis de 250 deportistas competirán neste trofeo en busca dunha das prazas para participar no Campionato do Mundo de Street Dance, que se celebrará no mes de agosto, na localidade británica de Blackpool.
A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade, que se celebrará este sábado, 1 de xuño, a partir das 16.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Está organizado pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, o CSD, a Federación Española de Baile Deportivo e a Federación Española de Hip Hop.
Máis de 250 deportistas competirán neste trofeo en busca dunha das prazas para participar no Campionato do Mundo de Street Dance, que se celebrará no mes de agosto, na localidade británica de Blackpool.
O Campamento de Verán de Tui 2019, organizado polo Concello de Tui contará este ano con dúas quendas, a primeira do 15 ao 31 de xullo, e a segunda do 1 ao 16 de agosto. O prazo de inscrición será do 11 ao 21 de xuño, entregando a solicitude e a documentación requirida, na secretaría da casa do Concello de Tui.