Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá celébrase a Gala do Deporte Tudense 2018 no Teatro Municipal de Tui

21/02/2019

Mañá venres 22 de febreiro, ás 20.30h no Teatro Municipal celebrarase a VII Gala do Deporte Tudense na que fará entrega dos Premios Deporte Tudense 2018.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

A Gala tamén contempla homenaxes a persoas e equipos que marcaron o antes e o despois na historia deportiva do concello, así como un recoñecemento aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do Mundo e de Europa no ano 2018.

A entrada ao Teatro farase mediante invitación.