Mañá remata o prazo para participar en catro procesos selectivos no Concello de Tui
Mañá mércores, 6 de xuño, remata o prazo de presentación de solicitudes para participar en catro procesos selectivos convocados polo Concello de Tui. Trátase de
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Mañá mércores, 6 de xuño, remata o prazo de presentación de solicitudes para participar en catro procesos selectivos convocados polo Concello de Tui. Trátase de
No BOP de Pontevedra de data 28/05/2018 publicouse anuncio coa convocatoria e bases do proceso selectivo dun técnico medio para a atencion da oficina de turismo. Os aspirantes dispoñen de 7 días hábiles para a presentación de instancias.
A arquitecta Helena del Río desprazouse hoxe dende Cantabria ata Tui para coñecer in situ as bibliotecas móbiles elaboradas polos alumnos do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería”, impartido no Municipal Centro de Formación, baseándose nos seus deseños.
A realización de tres biblioteca móbiles destinadas aos centros escolares tudenses, baseadas no proxecto inicial de Aldea del Talento, foi o proxecto destacado realizado polos 15 alumnos do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” impartido polo Concello de Tui no Centro Municipal de Formación.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, dirixiuse nos últimos días a Xestur interesándose polo estado actual das parcelas sen construír do Polígono Industrial de Areas.
A zona de Secretaría na planta baixa da Casa do Concello vén de ser reestruturada ofrecendo un entorno máis axeitado tanto para os traballadores coma para o público que acode a realizar calquera xestión.
Coa nova distribución, coa que se creou un espazo máis aberto, sinalizáronse con carteis indicativos os trámites que se realizan en cada posto de traballo, de tal xeito que o cidadá pode identificar claramente a quen dirixirse en función da xestión pola que acode até o concello.
Até o venres 9 de marzo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha docente para impartir os módulos de “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero FCOO03” e “Formación para a igualdade FCOXXX05” para os cursos “IMAI0108 Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica”, “MAMR0108 Montaxe de mobles e elementos de carpintería” e “ELEE0108 Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas”.
Mañá mércores, 28 de febreiro, ás 11h na Aula CEMIT Área Panorámica de Tui celebrarase unha xornada sobre o programa DepoIntegra Xoven que oferta o itinerario formativo de “Confección e publicación de páxinas web” na comarca do Baixo Miño. Estarán presentes a deputada de Emprego, Montserrat Magallanes, e a concelleira de Emprego, Milagros González, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría.
O Concello de Tui solicitou á Deputación de Pontevedra a contratación de 20 persoas en situación de desemprego ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais do Plan Concellos 2018.
Enderezo Alvelos 1, Guillarei. 36.720 Tui.
Teléfonos: 670 24 56 33
Correo: cfo@tui.gal
Instalacións
O Centro dispón de 6 aulas homologadas, biblioteca, 5 espazos destinados a talleres de carpintería, electricidade, fontanería, construción; e dúas zonas de almacenaxe. Conta con aseos adaptados e elevador.
