Tui contará cunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) nos vindeiros meses
Na mañá de hoxe presentouse o inicio dos traballos para a redacción da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) coa que contará o Concello de Tui nun prazo aproximado de 4 meses. Na presentación estiveron o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos, a consultora Tudó, especializada en traballos de organizacións e recursos humanos en administracións locais e que ten realizado mais de 130 RPT en concellos da provincia.




